PROGRAMA PARA CINTO NEGRO SEGUNDO NIVEL

CICLO MEDIO

Obxectivos: Reforzar a Execución Técnica e adestrar o practicante nas Bases de Execución: Forza, Velocidade, Equilibrio e Estruturas Rítmicas, así como nas Subestratexias de Combate.

Área-1: TECNICAS ESENCIAIS
Realización das técnicas esenciais en función das Bases de Execución. Facendo predominar, con claridade, forza, velocidade, ritmo, equilibrio, precisión ou coordinación.
Responder ás preguntas relacionadas cos seguintes temas:
- Funcións da biomecánica.
- Cadeas cinéticas simples.
- Factores de equilibrio nunha técnica dada (patada frontal, lateral, etc.).
- Formas de translación.

Área-2: TECNICAS DE DEFENSA
- Defensa e contraataque ante as situacións diversas:
- Dous adversarios, un seguido doutro.
- " " colocados en diversos ángulos.
- " " con armas, ( paus Xemelgos e Bastón curto)
- Incluíndo agarres de diversos tipos, inmobilizacións e luxacións.

Área-3: COMBATE
Libre: Resaltando factores estratéxicos, físicos e psicolóxicos
Continuado: Resaltando, mobilidade, variedade, ritmo e distancia.
Continuado con armas (paus xemelgos ou bastón curto).
Responder ás preguntas relacionadas coas estratexias.

Área-4: TAOS E APLICACIÓNS
Taos: Elixirá 3, Seis, Nueve, Grúa, Lum, Bastón Corto II "A" e "B" e Paus Xemelgos II.
Durante a realización dos Taos resaltaranse as Bases de Execución contidas na estrutura destes, explicando as técnicas que determinan os cambios de ritmo, os enlaces e transicións, así como as calidades físicas ou motoras consideradas nun Tao.
Aplicacións: Elixirá 2, entre elas a do Seis, Lum, Grúa, Paus Xemelgos, Bastón Corto II e 3ª Aplic. do Cuatro e Di Sung. Explicar as diferenzas entre as 1as e 2as Aplicacións.

Área-5: DINÁMICA MENTAL
Módulo -VII Eres o que Piensas. Optimiza o teu Cerebro. Coñecemento, Responsabilidade e Control. Vigor e Prosperidade
(Este módulo impartirase en dous seminarios de 5 horas cada un).

APLICA AS TÉCNICAS DE CADA AREA E PASA AO SEGUINTE GRAO!

Federación Gallega de Kung Fu - Calle Fotógrafo Luís Ksado Nº17 , 36209 Vigo